Os rivais do Pontevedra, a análise: Unionistas de Salamanca CF, un ‘tapado’ ambicioso

Pontevedra
10 de setembro 2020

Unionistas de Salamanca é o estandarte do fútbol popular. Un club diferente no que os socios elixiron o nome, o escudo, os estatutos, o prezo do carné ou o equipamento. A chegada do técnico Hernán Pérez tamén conlevará un cambio de modelo no estilo de xogo

Adestramento de Unionistas de Salamanca
Adestramento de Unionistas de Salamanca

Unionistas de Salamanca é o estandarte do fútbol popular. Un club diferente no que os socios elixiron o nome, o escudo, os estatutos, o prezo do carné ou o equipamento.

Esta será a súa terceira campaña en Segunda División  B e tamén a sétima da súa historia. Un ascenso imparable e moi visible que logrou ser referencia nacional a pasada campaña no duelo copeiro ante o Real Madrid.

Esta tempada, o club blanquinegro terá cambios. O primeiro, deixará de xogar nas Pistas (campo pequeno e de herba natural) para facelo no Reina Sofía (de grandes dimensións e de herba artificial). Por tanto, o novo director deportivo, Diego Hernansanz, non ofreceu a renovación ao anterior técnico  Jabi Luaces e contratou a Hernán Pérez. A chegada do asturiano conlevará un cambio no modelo de xogo de Unionistas. Espérase un equipo mandón no terreo de xogo e que queira dominar a pelota desde atrás pero, á vez, non perder o ADN de Unionistas de ser un equipo loitador e traballador.

Ata o momento, incorporou nove futbolistas: o cérbero Serna (vén de xogar playoff co Yeclano); os defensores Antonio Marín, Jon Rojo (xogou fase de ascenso co Athletic B), Ramiro Mayor e Mario Gómez; os centrocampistas Miki Muñoz e Nespral; e os atacantes Josué Medina e Aythami Perera. A eles hai que sumarlle xogadores da casa como Piojo, De la Nava, Javi Navas ou Gallego; ademais de Álvaro Romero, considerado pola afección o mellor futbolista da pasada tempada e que se atopa en conflitos co director deportivo.

En Unionistas aínda faltan varios xogadores por pechar, como un ‘6’ e un ‘9’  senior e varias pezas sub23 para acabar de apontoar o equipo. Desde o club mandouse unha mensaxe optimista para pelexar pola Segunda B PRO. E é que, a ilusión non lle gaña ninguén ao equipo que quere honrar á extinta Unión Deportiva Salamanca. Quizá o ‘tapado’ do grupo; seguro que o máis ilusionado.

 

PLANTEL

  • Porteiro: Miguel Serna.
  • Defensas: Piojo, Marín, Ramiro, Mario Gómez, Gallego e Jon Rojo.
  • Medios: Miki Muñoz, Nespral, Javi Navas, Josué, Diego González, Álvaro Romero e Pablo Aguilera.
  • Dianteiros: De la Nava e Aythami.

 

TEXTO: Sergio Villardón (xefe de Deportes de www.salamanca24horas.com).