Os rivais do Pontevedra, a análise: O CD Guijuelo: un equipo con bo trato de balón

Pontevedra
06 de setembro 2020

Os 'chacineros' son uns dos conxuntos con máis anos consecutivos na categoría. Realizaron ata a data unha decena de fichaxes

Adestramento do CD Guijuelo
Adestramento do CD Guijuelo

O Club Deportivo Guijuelo é xa un clásico da Segunda División B. O equipo 'chacinero' conta cunha estrutura de club moi ben definida e, a parte da súa humildade no trato, sempre se mostran un club ambicioso co balón nos pés

Desde os tempos no banco de Rubén de la Barrera, o Guijuelo destacou por un fútbol iniciado desde atrás, con futbolistas moi hábiles no centro do campo e un equipo dominador. Ademais, cando xogan no Municipal Luis Ramos, aproveitan a súa boa adaptación ao céspede artificial.

Para esta campaña, o club deu as rendas do equipo aos irmáns Montes (Jacobo e Marcos). Os técnicos galegos teñen unha filosofía moi típica do xogo que gusta en Guijuelo.

O plantel está composto xa por dezasete xogadores, entre eles dez fichaxes, e está a falta de pecharse cun porteiro sub23, un mediocentro e un dianteiro. 

Esta campaña asinaron polo Guijuelo: os defensores Andrés González (Burgos), Raúl Parra (Mallorca B), José Cruz (Marbella), Kike Pina (Badajoz); os medios Kamal (Calahorra), Deco (Melilla) e Spahiu (procedente do fútbol belga); e os atacantes Pozo (Don Benito), Pino (Mérida) e Zamorano (Talavera). Pero, ademais, Astu renovou a varios puntais dentro e fóra do campo como o capitán Jonathan, Razvan ou Carlos Rubén.

O Guijuelo destila un 1-4-3-3 na lousa e será un equipo dominador desde o comezo da xogada. Sen ningunha dúbida, un dos "tapados" do grupo xa que xogará sen a presión dos grandes nomes pero coa ilusión e as vimbias dun equipo ben construído. 

 

PLANTEL

  • PorteIro: Molina.
  • Defensas: Andrés, Raúl Parra, Kike Pina, Razvan, Dan Ojog, Jonathan e José Cruz.
  • Medios: Carlos Rubén, Kamal, Cristóbal, Deco e Spahiu.
  • Dianteiros: Pozo, Pino, Juanca e Zamorano.

 

TEXTO: Sergio Villardón (xefe de Deportes de www.salamanca24horas.com)