Os mellores xogadores júnior de tenis no mundo atópanse estes días en Pontevedra. Son tenistas con idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos, que están a dar os seus pasos para integrarse no mundo profesional. Este luns 12 de outubro mostraron as súas calidades cunha exhibición no paseo da avenida de Montero Ríos para atraer público ao cuarto Torneo Internacional Júnior de Pontevedra, que forma parte do ITF Junior Circuit como uno máis dos eventos que se disputan por distintas cidades do mundo para determinar o ranking dos mellores tenistas.
Durante estes primeiros días dispútase a primeira rolda das fases previas feminina e masculina nas instalacións do Mercantil en Mourente. A emoción e igualdade está a marcar este torneo no que só os xogadores que superen a fase previa conseguirán os puntos do ránking mundial júnior.
Na categoría feminina as cabezas de serie Karolina Verankova (CZE) e Daniela Vukovic (SUI) derrotaron en individuais a Loretto Vilalba e a Marta Fernández. Tamén Nuria Brancaccio (ITA) venceu á terceira pre clasificada Ayano Shimizu (JPN). No cadro masculino, Max Stewart (GBR), cabeza de serie número 1, clasificouse ao gañar a Ignacio Rodríguez (ESP), do mesmo xeito que Álex Domínguez, Banaby Smith e o coruñés Luís Fernández Labarta, que superaron a primeira rolda.
O torneo vai prolongarse ata o 18 de outubro.