O Consello Municipal de Deportes de Poio acordou a relación de deportistas e clubs gañadores dos Premios San Xoán 2017.
Estes galardóns recoñecen a traxectoria dos deportistas locais e o esforzo das persoas relacionadas cos clubs e coas escolas de base.
Nesta ocasión, os premiados son:
- Mellores deportistas femininas: Teresa Abelleira (fútbol), Cintia González (kick-boxing) e María Martínez (tríatlon).
- Mellores deportistas masculinos: Sergio Vallejo (piragüismo), Marco Utesa (kick boxing) e Pablo Rodríguez (piragüismo).
- Mellor equipo: Equipo de fútbol xuvenil das ED Poio, Club Kick Boxing Poio e Club Escola Piragüismo Poio.
A entrega dos premios realizarase o vindeiro xoves 22 de xuño no Concello de Poio tras as lectura do pregón das festas (21:00 horas).