Os obstáculos da Gladiator Race de Pontevedra convencen a 2.000 persoas

Pontevedra
15 de outubro 2015

A poucos días para o peche da inscrición anotáronse 1.990 persoas, superando a cifra da primeira edición do evento en Santiago de Compostela. A Gladiator Race celebrarase o vindeiro sábado 24 de outubro na Illa das Esculturas

Gladiator Race en Santiago de Compostela
Gladiator Race en Santiago de Compostela /

O prazo aínda pecha oficialmente o vindeiro luns, 19 de outubro, pero a cifra de inscritos estabilizou, sen que se esperen grandes cambios.

A Gladiator Race de Pontevedra contará finalmente con 2.000 aventureiros (anotáronse ata o momento 1.990 persoas), superando á primeira edición do evento en Santiago de Compostela.

A proba celebrarase o vindeiro sábado 24 de outubro na contorna da Illa das Esculturas combinando o 'running' coa superación de 28 obstáculos.

Será na súa maioría diferentes aos instalados no Monte do Gozo, pero os organizadores aseguran que "o barro, a auga, o xeo ou o lume volverán cruzarse no camiño dos gladiadores".

A primeira tanda de participantes (180 en cada quenda) iniciará a súa aventura ás 12:00 horas, saíndo o último grupo ás 17:00 horas,

FESTA FINAL NO RECINTO FEIRAL

Unha vez concluída a proba, os participantes poderán acudir ao fin de festa que se organizará no Recinto Feiral de 18:30 a 23:00 horas e que, ademais de entrega de premios, contará con zona de comida e música coas actuacións de Terapia de Grupo e Dj Charlie.