Ponte Caldelas viviu este venres unha espectacular tarde de carreiras co paso do Rallye Recalvi Rías Baixas polas estradas da vila.
O bo tempo acompañou e foron moitos os afeccionados os que se animaron a achegarse para gozar do ruxido dos motores durante os tramos cronometrados que revolucionaron por completo a competición.
José Antonio 'Cohete' Suárez cun Skoda Fabia RS Rally2 fixo o primeiro 'scratch do rally na súa primeira pasada por Ponte Caldelas, pero tras a segunda pasada polo tramo todo cambiou. O 'scratch' foi para Ruiloba, que era terceiro, e adiantou a 'Cohete' en 2.2 segundos e a Alejandro Cachón en 3.4 segundos.
A segunda pasada por Cotobade-Pontecaldelas foi o último tramo do día e de novo produciuse a pelexa entre os tres primeiros clasificados con Ruiloba levándose o 'scratch' con 2.9 de vantaxe sobre Cachón e 3.0 sobre 'Cohete'.
Na Copa Toyota Gazoo Racing Iberian Cup, José Manuel Lamela afianzouse como líder con 14.7 segundos de vantaxe sobre Josep Bassas e 18.1 Javier Villa; na Bolsa RTS Junior, Unai da Dehesa terminou a xornada en primeira posición a 39.1 e 2:13.8 de Giovanni Fariña e Aitor Sorozabal; e Unai da Dehesa liderou o Desafío Peugeot con 10.8 de vantaxe sobre Miguel García.