A sección máster do CN Galaico segue superándose a si mesma conseguindo cada vez máis medallas e mellores resultados en cada unha das competicións nas que participa.
O último logro tivo lugar en Ponteareas a pasada fin de semana co quinto posto conseguido na clasificación do campionato galego da categoría.
O conxunto masculino concluíu en cuarta posición, mentres que o feminino foi quinto tras a disputa das dúas xornadas celebradas na Vila do Corpus.
Á incontable cantidade de medallas conseguidas contribuíron nadadores comoTelmo Calle, Rosalía García, Antonio Piñeiro, Xosé Márquez, Teresa Celemín, José Villaverde, Iria Santorum, Nuria Cano, Martín Tenorio, Sergio Bethencourt, Roxelio Carballa, Adolfo Penedo, José Manuel Area, David Martínez, Juan Bernárdez, Francisco Castro, Lucía González ou Covadonga González entre outros.