Os dorsais do novo Pontevedra, ao descuberto tras o primeiro amigable estival

Pontevedra
31 de xullo 2023

A falta de que se materialicen as últimas incorporacións, os futbolistas granates foron escollendo os dorsais cos que competirán a próxima tempada, con algunha que outra sorpresa como o cambio de Borja Domínguez, que se apropiou do número 8 que quedou libre tras a marcha de Brais

Primeiro adestramento do Pontevedra de Yago Iglesias
Primeiro adestramento do Pontevedra de Yago Iglesias

Aínda non é unha listaxe oficial, pero pouco ou practicamente nada variará cando se inicie oficialmente a tempada. Co primeiro amigable estival, o Pontevedra Club de Fútbol deixou ver os dorsais cos que competirán este ano os seus futbolistas, con algunha que outra sorpresa.

Neste apartado, Borja Domínguez abandonou o número 20 que usou na Primeira RFEF para facerse co 8 que deixou libre Brais Abelenda coa súa marcha.

Tamén chama a atención que futbolistas que, en principio, contarán con ficha do filial segundo informou no seu momento o club, como Valentín Jaichenco e Víctor Casais, disputasen o choque ante o Racing de Ferrol con números do primeiro equipo (entre o 1 e o 22). Concretamente Valen usou o 15 que ocupaba antes Martín Diz e Casais o 12 que tiña Guèye. Ademais nas mesmas circunstancias Sergio Balea vestiu o 18 de Charles, Iker Arango o 16 e gardameta Carlos ocupou o último dos dorsais, o 22.

Doutra banda, entre os novos, Edu Sousa apropiouse do 1, Mario Gómez do 5, Toño Calvo do 6 ou Chiqui do 11, entre os números tradicionalmente máis destacados, mentres que Eneko Zabaleta na súa segunda etapa de granate apostou polo 20 (antes usou o 15), e Charly escolleu o 21.

O que non cambian son tres dos dorsais máis buscados, o 7, o 9 e o 10, que seguirán lucindo nas costas de Álex González, Rufo e Yelko Pino respectivamente.

A listaxe de dorsais para a tempada 23-24, que pode sufrir algún cambio puntual coas últimas fichaxes especialmente no que afecta aos máis novos do persoal, é o seguinte:

  • 1- Edu Sousa
  • 2- Ángel Bastos
  • 3- Javier Hermelo (no estaba convocado pero viste ese dorsal en la ropa de entrenamiento)
  • 4- Churre
  • 5- Mario Gómez
  • 6- Toño Calvo
  • 7- Álex González
  • 8- Borja Domínguez
  • 9- Rufo
  • 10- Yelko Pino
  • 11- Chiqui
  • 12- Víctor Casáis (anunciado con ficha del filial)
  • 13- Manu Vizoso
  • 14- Samu Mayo
  • 15- Valentín (anunciado con fichia del filial)
  • 16- Iker Arango (anunciado con ficha del filial)
  • 17- Barbeiro
  • 18- Sergio Balea (Anunciado con ficha del filial)
  • 19- Garay
  • 20- Eneko Zabaleta
  • 21- Charly
  • 22- Carlos (anunciado con ficha del filial)
  • 23- Mario Constenla (filial)
  • 26- Hugo Padín (filial)
  • 27- Marqués (filial)