O Concello de Sanxenxo, Ecovidrio e La Vuelta propuxéronse converterse na edición máis sostible da historia da competición. Para iso o municipio, protagonista da etapa número 20, e Ecovidrio van colaborar colocando 17 contedores para promover a reciclaxe e concienciar aos seus veciños sobre o coidado do medio ambiente.
Ademais, con todos os residuos que se depositen nestes contedores ata o paso de La Vuelta, Ecovidrio deseñará un trofeo sostible que entregará ao gañador desa etapa o próximo 4 de setembro.
Ademais de instalar contedores en Sanxenxo e nas diferentes cidades de Castela e León, Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Región de Murcia, Andalucía, Estremadura, Cantabria, Asturias e Galicia protagonistas das etapas de La Vuelta 2021, tamén vai contar cun Pelotón Verde integrado por voluntarios que recollerá os residuos das zonas de maior sensibilidade ambiental ao final de cada unha das 21 etapas da proba.
Segundo os últimos datos relativos a 2020, os cidadáns de Sanxenxo reciclaron un total de 552 toneladas de vidro, unha media de 31,7 kg por habitante. O municipio xa conta con 228 contedores de vidro, o que se traduce a unha media de 76 habitantes por contedor.