Pasan os días sen que exista aínda solución para o peche decretado por parte da empresa Supera nas instalacións de auga do Complexo Deportivo Rías do Sur, e os clubs que alí adestran non só manteñen a súa presión social senón que pretenden elevala con novas accións.
or unha banda o Galaico Sincro, o Club Natación Galaico e o Club Waterpolo Pontevedra, entidades que suman máis de medio milleiro de deportistas federados, convocaron para este venres 25 de marzo (19.00 horas) unha concentración de protesta na que convidan a participar a nadadores, adestradores, traballadores do centro e a todos os usuarios e veciños en xeral.
"Todos nos atopamos cun peche da lámina de auga inesperadamente e sen aviso previo/previo aviso, todo debido a un interese meramente económico, que achacan ao prezo da enerxía pero, sabemos que é debido a un refinanciamento dunha venda de bonos lixo que deben pagar no 2025", sinala na súa convocatoria o Galaico Sincro.
Todo baixo un hastag, #LaOlímpicaNoSeCierra, que levan xornadas movendo polas súas redes sociais e que nas últimas horas atopou apoios destacados dentro do deporte nacional como as internacionais españolas de waterpolo Judith Forca e Anni Espar ou as integrantes da selección nacional de natación artística Branca Toledano, Mireia Hernández, Cristina Arambula e Alisa Ozhogina, o a piragüista Tania Álvarez, compartindo vídeos nos seus perfís ou a través dos propios clubs afectados.
@RFEN_Oficial@spanishsynchro@fundacionriasd1@DeportesPO@depo_es@Diario_Pontev@PontevedraViva@FaroPontevedra@vozpontevedra
— Club Galaico Sincro® (@sincrogalaico) March 24, 2022
Viernes 25 a las 19h. Concentración en Rías do Sur pic.twitter.com/GwzDYVvuVj
@RFEN_Oficial@spanishsynchro@DeportesPO@depo_es@deporte_galego@fundacionriasd1@CNGalaico@WP_Pontevedra@vozpontevedra@FaroPontevedra@Diario_Pontev@PontevedraViva
— Club Galaico Sincro® (@sincrogalaico) March 24, 2022
Viernes 25 a las 19h. en Rías do Sur pic.twitter.com/XuQ48BMP0v