Os canteiráns Martín Diz e Diego Dadín renovan e seguirán formando parte do Pontevedra B

Pontevedra
03 de agosto 2020

O club granate tamén fai oficial a continuidade no filial de Pacheco, Samu, Iñaki, David Veiga e Pablo López para a próxima tempada

Martín Diz (29), ao fondo, nun adestramento do Pontevedra en Campañó
Martín Diz (29), ao fondo, nun adestramento do Pontevedra en Campañó / Cristina Saiz

A estrutura do Pontevedra para a próxima tempada segue tomando forma. As últimas novidades anunciadas polo club ao comezo desta semana están relacionadas co filial e consisten na renovación de sete xogadores que o ano pasado foron habituais nos adestramentos do primeiro equipo e que mesmo algún deles chegou a dispoñer de minutos en partidos de Segunda División B.

É o caso de Martín Diz que na tempada recentemente finalizada tivo a oportunidade de participar en dous partidos saltando desde o banco nos minutos finais que se saldaron con derrota fronte San Sebastián de los Reyes en Madrid e con empate fronte ao Rácing de Ferrol en Pasarón.

Tamén amplía o seu vínculo co conxunto granate Iñaki, quen tamén sabe o que é defender a camiseta do primeiro equipo en encontros oficiais aínda que nas dúas últimas campañas non chegou a dispoñer de minutos.

O abanico de renovacións complétase con Samu, Pacheco, David Veiga, Pablo López e o prometedor gardameta Diego Dadín. Pendente de confirmar está aínda a continuidade de Antón, que xunto a Martín Diz foron os únicos xogadores do filial que difrutaron de minutos co primeiro equipo en Segunda B o pasado curso.

Fuentes do Pontevedra confirman que estes sete xogadores terán ficha co Pontevedra B de Preferente e que, se o adestrador requíreo, poderán adestrar co primeiro equipo.