Os amigos do Pontevedra C.F. convocan a súa tradicional xuntanza anual

Pontevedra
07 de febreiro 2013

O comité organizador desta xornada de confraternidade dirixida a ex-xogadores, directivos e afeccionados fixou para a edición deste ano o venres día 15 de febreiro

Todos aqueles que se sintan vinculados dalgunha forma co Pontevedra C.F. teñen unha cita o venres día 15 de febreiro para compartir anécdotas, vivencias e tamén ilusións, na tradicional "Xuntanza anual Amigos do Pontevedra C.F. ", na que dende fai xa moitos anos reúnense ex-xogadores que representaron o club granate en diferentes épocas da súa historia, directivos e ex-directivos, así como afeccionados da entidade.

O comité organizador da Xuntanza, integrado por Manolo Barreiro, Juan Abal e Jorge Pedrosa, anuncia que o programa de actos comezará ás 13.30 horas, coa tradicional misa no Santuario de La Peregrina, en recordo de falecido e familiar.

Posteriormente levarase a cabo unha comida de confraternidade no Hotel Avenida, de Pontevedra, á que asistirán, entre outros, ex-xogadores como Tito Estévez, Guillermo, Foro, Ceresuela, Pirelo, Rebeca, Carregal, Ferradás e Cholo. Ás sobremesas, ademais da habitual e animada charla na que, como é lóxico, o eixe central o constitúe o Pontevedra, a súa historia, presente e futuro, haberá tamén un sorteo de regalos entre os asistentes.

Calquera persoa que desexe asistir deberá inscribirse chamando aos teléfonos 606 398 992 (Juan) ou 649 981 903 (Manolo). O prezo da comida é de 25 euros por persoa.