As novas promesas do Judo Club Pontevedra demostraron a boa saúda do club na recente competición celebrada na Estrada.
En total foron 27 os alumnos da escola municipal que tutela o club os que acudiron ao III Campionato de Judo en idade escolar Concello da Estrada organizado no pavillón Coto Ferreiro.
Ademais case outra trintena de alumnos das outras escolas do Judo Club Pontevedra, chegados de Villagarcía e Ribadumia, acudiron á cita sumando unha valiosa experiencia.
O evento contou con máis de 400 participantes entre os deportistas chegados de Coruña, Santiago, A Estrada, Tui, Villagarcía, Ribadumia, Cambados ou Portugal, ademais de Pontevedra.
Os judokas pertencentes á Escola Deportiva Municipal de Pontevedra subiron ao podio en numerosas ocasións realizando boas actuacións que serven para iniciarse na competición dunha forma divertida e educativa.
Competiron no campionato deportistas en idade prebenxamín, benxamín e alevín.