Organizan en Barro un partido solidario en favor das familias ucraínas refuxiadas no municipio

Barro
29 de abril 2022

A xornada solidaria, cun partido amigable entre o Barro CF e a SD Chispa, celebrarase este sábado 30 de abril no campo de Outeiro

Partido entre o equipo xuvenil do Barro CF e do Marcón cunha pancarta de 'Non á guerra'
Partido entre o equipo xuvenil do Barro CF e do Marcón cunha pancarta de 'Non á guerra' / Barro CF

O Barro CFanunciou a celebración dun partido solidario no que pretende recadar fondos para as familias ucraínas refuxiadas no municipio.

A xornada solidaria celebrarase este sábado 30 de abril no Campo de Outeiro, a partir das 19.00 horas, cun amigable entre o propio Barro CF e a SD Chispa.

En concreto, explica a entidade deportiva, son catro as familias ucraínas que se estableceron en Barro tras escapando da guerra no seu país, unhas familias que tras recibir a atención dos servizos sociais do Concello comparten vivenda en dúas casas cedidas por dúas veciñas.

"Desde o Barro CF queremos achegar a nosa colaboración para que a situación destas catro familias que se atopan lonxe da súa terra e sen parte das súas ser queridos sexa a máis digna posible", defende o presidente do club, José Sanmartín.

A entrada a este partido terá un custo de 3 euros, de balde para os menores de idade, cunha recadación que será destinada integramente ao colectivo ucraíno residente en Barro.

Ademais, habilitouse unha 'fila cero' na conta bancaria do club (ES81 2080 5411 28 3000129236) para que as persoas que non poidan asistir teñan a oportunidade de colaborar.

Arquivado en