O Peixe Galego continúa ultimando detalles no referente á plantilla para a próxima tempada, que xogará en LEB Oro.
A última confirmación é a renovación de Juan Martín Orellano, que asinou este domingo a súa continuidade no club marinense por un ano máis, debutando ademais na categoría.
O xogador, de 1,99 metros, chegou a Galicia o pasado verán para xogar co Peixe en LEB Prata, sendo unha peza fundamental para conseguir o ansiado ascenso á segunda categoría española. O base de nacionalidade hispana arxentina conseguiu unha media de 6,3 puntos, 4 rebotes e 3,4 asistencias por partido.
Orellano seguirá pois nun equipo que, de cara o próximo ano, xa fichou a Carlos Noguerol, Jacobo Díaz e Álex Mazaira.