O Estadio Municipal de Pasarón achégase máis, cada hora que pasa, ao cheo para a final polo ascenso a Primeira RFEF fronte ao Betis Deportivo (domingo 2 de xuño, 18.00 horas).
A catro días do encontro o Pontevedra Club de Fútbol colgou o 'non hai billetes' nunha primeira bancada, o Fondo Norte.
Ademais empezaron a completarse outros sectores do estadio, sobre todo na zona central de Preferencia e no Fondo Sur.
A entidade granate camiña cara ás 4.000 as localidades despachadas en venda anticipada, tanto de maneira presencial con visita constante de afeccionados ás oficinas de Pasarón como a través da plataforma de venda en liña.
Esta cifra supón que, entre entradas e abonados, máis da metade do aforo do estadio está xa comprometido, achegándose aos 3/4 de entrada.
A venda anticipada continuará aberta ata as 19.00 horas do venres de maneira presencial, con localidades para o público adulto fixadas en 10 euros nos fondos, 15 euros en Preferencia e 20 euros en Tribuna. Ademais o despacho de billetes de Pasarón abrirá o domingo desde as 16.00 horas e en calquera momento poderase acceder á venda en liña.