Oito renovacións nun Froiz que mira cara á próxima tempada

Pontevedra
04 de decembro 2024

O equipo ciclista pontevedrés, o segundo máis lonxevo de todo o pelotón nacional, ultima o seu próximo proxecto deportivo empezando pola renovación de varios dos seus corredores

Gonzalo Inguanzo, na Copa de España de Ciclocrós de Les Franqueses
Gonzalo Inguanzo, na Copa de España de Ciclocrós de Les Franqueses / Real Federación Española de Ciclismo

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz mira xa cara á próxima tempada deportiva.

O segundo equipo ciclista máis lonxevo de todo o pelotón nacional deberá como cada ano reinventarse.

Con todo non serán poucos os ciclistas que seguirán defendendo a camisola alimenticia.

En concreto o Froiz confirmou as súas primeiras oito renovacións para un plantel que posteriormente completará con varias incorporacións.

Trátase deÁngel Maneiro, Anxo Carril, Gonzalo Inguanzo, Carlos Pérez, Miguel Rodríguez, Mateo Kalejman, Pablo García e Martín Rodríguez.

MARTÍN REY RENOVA CO CORTIZO

Outro equipo galego elite e sub-23, o Cortizo, anunciou tamén a renovación de Martín Rey.

O corredor arousán, gañador da Volta a Galicia, afrontará desta forma o seu último ano como sub-23 na estrutura padronesa.