O martes 27 de xullo será o día finalmente no que o novo proxecto do Arosa na Segunda RFEF se poña oficialmente en marcha.
Os de Jorge Otero comezarán ese día os adestramentos nunha pretempada que en principio contará con oito partidos, sete deles amigables xunto ao de Copa Federación que lle medirá ao Rápido de Bouzas na Lomba o domingo 8 de agosto (20.30 horas).
Esa será a segunda cita dos arlequinados, que se estrearán uns días antes, o xoves 5 de agosto recibindo no seu estadio ao Racing de Ferrol.
Despois chegarán encontros o 15 de agosto fronte ao Céltiga no Salvador Otero da Illa, o venres 20 de agosto contra o Celta B en Barreiro e o mércores 25 de agosto medíndose ao Ourense CF na Cidade das Burgas.
Por último, para pechar a súa preparación e como ensaio xeral a unha semana do inicio da liga, o Arosa verase as caras co Pontevedra Club de Fútbol no campo de Baltar, en Portonovo, o domingo 29 de agosto.
Este calendario de amigable, confirma o club, está supeditado ao avance do equipo na Copa RFEF, xa que de superar a primeira eliminatoria mediríase o 14 de agosto a Choco ou Coruxo.
Ademais estase pendente de fixar dous amigable máis a domicilio ante o Zacande e o Vilalonga.