Oier Calvillo sae cedido ao Calahorra e chega o mediocentro sub 23 Javi Robles

Pontevedra
31 de xaneiro 2023

A marcha do extremo guipuscoano libera unha ficha sénior que será ocupada cunha nova fichaxe, que debe facerse oficial antes de medianoite

Javi Robles, nova fichaxe do Pontevedra, durante un adestramento coa UD Almería
Javi Robles, nova fichaxe do Pontevedra, durante un adestramento coa UD Almería

A escasas horas para o final do mercado, o Pontevedra fai oficial un dobre movemento, que augura máis fichaxes nesta frenética última xornada de mercado de inverno.

Por unha banda, o extremo Oier Calvillo abandona a disciplina granate para irse decido ao CD Calahorra, do grupo II de Primeira Federación ata final de tempada.

Doutra banda, o conxunto granate fai oficial a chegada do mediocentro sub 23 Javi Robles ata final de tempada. O novo centrocampista militaba ata o de agora no Fuenlabrada, onde chegara cedido procedente do Almería. Desde o club non especifican se se trata dun traspaso ou unha nova cesión.

Con todo, a saída de Oier Calvillo augura novas chegadas ao primeiro equipo granate, que non necesitaba despedir a un xogador sénior para incorporar un futbolista sub 23, debido a que xa contaba cunha vacante deste tipo. É por iso, que todo indica que antes de medianoite chegará un novo reforzo para o equipo de Toni Otero.