Ofrenda á Virxe Peregrina para dar comezo á tempada oficial

Pontevedra
18 de agosto 2015

O Pontevedra Club de Fútbol dá por comezada oficialmente a tempada co tradicional acto no santuario da Peregrina, ao que asistiron xogadores, corpo técnico e Consello de Administración

Ofrenda floral do Pontevedra CF á Virxe Peregrina
Ofrenda floral do Pontevedra CF á Virxe Peregrina / Mónica Patxot

Cumprindo coa tradición, o Pontevedra Club de Fútbol deu por inaugurada a tempada co seu primeiro acto oficial, a ofrenda floral á Virxe Peregrina.

A poucos días do debut ligueiro ante o Guijuelo (sábado ás 20:00 horas) o club granate pediu á patroa provincial poder cumprir os obxectivos da nova tempada, na que regresa á división de bronce do fútbol español.

Xogadores, corpo técnico e membros do Consello de Administración realizaron unha foto de familia antes de entrar ao templo, no que o párroco do Burgo, Don Luis Alcántara, oficiou unha breve cerimonia relixiosa.

Á saída a familia granate puido gozar dunha comida de confraternidade.