Obxectivo cumprido para o Galaico Sincro no Campionato de España de Natación Artística

Pontevedra
27 de marzo 2019

O club pontevedrés estivo presente na competición nacional alevín e infantil celebrada a pasada fin de semana na localidade catalá de Sabadell

Nadadoras do Galaico Sincro que participaron no Campionato de España de Inverno
Nadadoras do Galaico Sincro que participaron no Campionato de España de Inverno / Club Galaico Sincro

O Club Galaico Sincro participou a pasada fin de semana no Campionato de Inverno Alevín e Infantil de Natación Artística celebrado na localidade catalá de Sabadell.

Fíxoo cumprindo obxectivos, ao alcanzar a clasificación na Primeira División en ambas as dúas categorías.

As nadadoras do club pontevedrés víronse as caras cos grandes equipos do territorio nacional, alcanzando uns meritorios postos quince -de trinta e sete clubs participantes- en categoría alevín e un posto dezaseis -entre corenta- en categoría infantil.

As deportistas do Galaico  Sincro que participaron no Nacional foron: Blanca Castro, Lorena Piñeiro, Mercedes Domínguez, Daniela Suarez, Nayeli Expósito, Uxía Pazos, Paula Fernández e Antía Riveiro na categoría alevín, y Lucía Logroño, Almudena García , Andrea Pazos, Sara Villanueva, Paola Piñeiro, Lola Gómez, Sara Fernández, Sara Marescot, Alicia Laredo, Paula Riveiro e María Maquieira na categoría infantil, acompañadas das súas adestradoras María Jesús Refojo e Diana Fernández.

Como premio, as participantes no campionato puideron gozar dunha exhibición da Selección Española Absoluta na que mostraron as rutinas que presentarán nos próximos encontros internacionais.