Obrigados a vencer o Valladolid B para manter viva a opción copeira

Pontevedra
30 de abril 2016

O Pontevedra recibe este domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón ao filial do Real Valladolid coa necesidade de romper a súa mala serie de catro partidos sen gañar para manterse na pelexa pola quinta praza, que outorgaría a clasificación para a Copa do Rei. Pablo Carnero, única baixa nos granates

Adestramento do Pontevedra en Pasarón
Adestramento do Pontevedra en Pasarón / Mónica Patxot

O Pontevedra non quere descolgarse antes de tempo da pelexa pola quinta praza, que daría acceso á próxima edición da Copa do Rei.

Para xogarse a clasificación ante os seus principais rivais, Cultural Leonesa e Burgos, nas dúas últimas xornadas de liga con senllos duelos directos, os granates necesitan vencer este domingo (17:00 horas) ao Real Valladolid B.

O conxunto valisoletano chega a Pasarón tras fimar unha gran reacción que lle levou a afastarse do descenso, pero na busca aínda da permanencia matemática na categoría. O filial chegou a encandenar cinco xornadas sen perder antes de caer a pasada fin de semana ante o Sporting B.

No bando oposto atópase un Pontevedra que leva catro semanas sen gañar, con dous empates e outras tantas derrotas que lle fixeron caer ata a sétima praza. A pesar diso seguen dependendo de si mesmospara terminar quintos, e a iso agárranse os de Luisito.

O técnico de Teo contará con todo o plantel á súa disposición menos Pablo Carnero, polo que citou a todos os dispoñibles e só confirmará a convocatoria final de 16 horas antes do choque.

Si chega con baixas o Valladolid B, que non poderá contar con dous futbolistas por sanción, o centrocampista Mario e o defensa Iván Casado.

O partido será arbitrado polo colexiado canario Pulido Santana.