O XXI Tríatlon Cidade de Pontevedra, un invitado na festa da Copa do Mundo

Pontevedra
20 de xullo 2022

Ademais da proba da Copa do Mundo de tríatlon que acollerá a Boa Vila o vindeiro domingo 24 de xuño, a xornada deportiva completarase co xa tradicional evento de nivel autonómico

Décima novena edición do Trofeo Cidade de Pontevedra e Campionato Galego de Tríatlon
Décima novena edición do Trofeo Cidade de Pontevedra e Campionato Galego de Tríatlon / Diego Torrado

A espectacular xornada de tríatlon que espera vivir Pontevedra o vindeiro domingo 24 de xullo, coa celebración dunha proba da Copa do Mundo dentro do camiño cara á Gran final das Series Mundiais 2023, contará cun engadido de deporte popular.

Será coa XXI edición do Tríatlon Cidade de Pontevedra, evento do calendario autonómico que se celebrará aproveitando a montaxe da competición internacional, unha vez terminada esta.

Durante a mañá será a quenda da elite internacional deste deporte, coa carreira elite feminina prevista as 10.15 horas e a elite masculina ás 13.15 horas.

Como fin de festa, pola tarde será o turno da carreira local, clasificable para o Campionato Gallego. Será baixo distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé) e nun circuíto diferente para afectar menos o tráfico na cidade, co tramo ciclista reducido ata a ponte de Santiago e a carreira a pé pola Avenida de Bos Aires cara a Monte Porreiro, estando situada a meta no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

En total no XXI Tríatlon Cidade de Pontevedra participarán 264 deportistas.