O Marín Peixegalego acaba de anunciar a renovación do xogador de Países Baixos Kevin Van Wijk que leva defendendo as cores do equipo marinense desde hai dúas tempadas, sendo un dos referentes e dos xogadores máis comprometidos dentro e fóra da cancha.
O experimentado pivote, afincado en Ourense, chegou a Canarias en categorías de formación, e tras o seu paso polo prestixioso programa da Universidade de Valparaíso en Estados Unidos, volveu a España, acumulando unha ampla experiencia en ligas FEB (Oviedo, Melilla, Peñas de Huesca, Ourense, entre outros equipos)
Na pasada campaña o de Haarlem foi un dos xogadores máis destacados da categoría atesourando 15 puntos e 8 rebotes de media en 26 encontros.
Xunto a Dramell Hogan, recentemente renovado, cimentarán o xogo interior do Marín Peixegalego á espera dalgún reforzo no que o club está a traballar.