O xadrez súmase á celebración do Día das Letras Galegas

Pontevedra
17 de maio 2017

A praza de Santa María volveu converterse nun gran espazo de peóns, cabalos, torres, alfís, raíñas e reis movidas por adultos e rapaces 

A Escola Xadrez Pontevedra celebra o Día das Letras Galegas 2017
A Escola Xadrez Pontevedra celebra o Día das Letras Galegas 2017 / Diego Torrado

A Escola Xadrez Pontevedra celebraba este mércores 17 de maio outra xornada tradicional de xadrez na rúa coincidindo co Día das Letras Galegas, unha actividade que realiza en colaboración coa asociación de veciños de Santa María.

Instalaronse mesas na praza de Santa María con taboleiros de xadrez nos que adultos e escolares disputaron intensas partidas

Durante a exhibición xogáronse partidas simultáneas impartidas por mestres internacionais da escola pontevedresa e ademais despuntaron novos valores da canteira. Ao mesmo tempo desenvolveuse un taller infantil para os máis pequenos, que se están iniciando no mundo do famoso Bobby Fischer. Tamén se instalaron as grandes pezas de xadrez que volveron resultar un atractivo para todos os que se achegaron ata a zona.

As partidas estendéronse desde as 11.00 ata as 13.15 horas e todos os participantes recibiron un agasallo conmemorativo. 

Arquivado en