O WP Pontevedra inicia a fase polo ascenso con triunfo ante o CN Molins (12-8)

Pontevedra
04 de marzo 2023

O Club Waterpolo Pontevedra iniciou a segunda fase da Primeira Nacional Feminina con triunfo ante o CN Molins. Coa permanencia para a próxima tempada xa selada, o cadro pontevedrés segue sumando experiencia e deleitando á súa afección con cada partido    

Partido da segunda fase de Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CN Molins
Partido da segunda fase de Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CN Molins / Cristina Saiz

O Club Waterpolo Pontevedra iniciou a segunda fase da Primeira Nacional Feminina con triunfo ante o CN Molins. Coa permanencia para a próxima tempada xa selada, o cadro pontevedrés segue sumando experiencia e deleitando á súa afección con cada partido.

Ás 17:00 horas deu comezo o duelo contra o terceiro clasificado da fase cun inicio igualado que se traduciu nun 2-2. Con todo, nos últimos dous minutos do primeiro período, o conxunto de Pontevedra pisou o acelerador e, cunha boa defensa, provocou a primeira brecha no luminoso (4-2).

A máxima renda conseguida polas locais foi de tres goles ao empezar o segundo tempo cun tanto de Iria Amoedo, pero enseguida o CN Molins reduciu diferenzas para colocarse a un gol do empate cando quedaba minuto e medio para o descanso (5-4). Ataque para o Waterpolo Pontevedra, expulsión de Adriadna Belles e tanto de Sara Vanegas ao fío do intermedio (6-4).

Despois do paso polos vestiarios o control foi máximo para as galegas e aumentaron a súa renda ata os 4 goles. Recortou distancias o seu rival por momentos pero o WP mantívose firme e sen complexos para manter a vantaxe en todo momento e sentenciar o encontro por un contunente 12-8.

Consulta as estatísticas nesta ligazón