O Waterpolo Pontevedra xa é equipo de Primeira Nacional (4-17)

Pontevedra
14 de maio 2022

Cunha nova goleada ante o Club Waterpolo Murcia, o Waterpolo Pontevedra converteuse este sábado en equipo de Primeira Nacional. As pontevedresas encarrilaron o ascenso asinando unha final máis que brillante, gañando na ida por 20-2 na volta por 4-17 e con iso, logrando facer historia para a Boa Vila e para o club

Fase de ascenso a Primeira Nacional entre o CW Pontevedra e o CW Murcia
Fase de ascenso a Primeira Nacional entre o CW Pontevedra e o CW Murcia

Cunha nova goleada ante o Club Waterpolo Murcia, o Waterpolo Pontevedra converteuse este sábado en equipo de Primeira Nacional. As pontevedresas encarrilaron o ascenso asinando unha final máis que brillante, gañando na ida por 20-2 na volta por 4-17 e con iso, logrando facer historia para a Boa Vila e para o club.

Ás 16:30 comezou o partido de voa e, tras o asubío inicial, aínda quedaban 32 minutos por diante para defender a renda de 18 goles que conseguiran en Pontevedra.

Pero os deberes estaban feitos con sobresaliente, así que o conxunto formado por pontevedresas e ourensás deixaron os nervios ao carón e conquistaron Murcia, onde chegaron arroupadas por un gran número de afeccionados e familiares que non deixaron de animar.

Alí superaron ás murcianas desde o inicio grazas á boa defensa realizada e á efectividade en ataque, asinando un resultado de 2-9 ao descanso que deixaba vista para sentenza a eliminatoria.

Na segunda parte seguiron ao seu e os goles volveron sucederse un tras outro para xa, de maneira oficial, certificar ese merecido e histórico ascenso á Primeira Nacional do waterpolo feminino.

Consulta a acta do partido entre CW Murcia e CW Pontevedra