A Copa Galega Absoluta Masculina non resultou todo o positiva que esperaba o Waterpolo Pontevedra.
O equipo adestrado por Javi de Sáa acudiu a Ourense coa intención de pelexar por estar na final do torneo, pero tivo finalmente que conformarse coa medalla de bronce.
Na primeira fase o Pontevedra quedou encadrado co RCN Vigo e o organizador, o Pabellón Ourense. Foi ante os vigueses onde as súas opcións quedaron tocadas, ao non poder igualar o seu nivel de efectividade encaixando unha clara derrota por 14-6.
Coa final xa case fóra do seu alcance, os pontevedreses superaron no seu outro encontro preliminar o Pabellón por 21 goles a 2.
Desta forma o Pontevedra quedou relegado ao partido polo bronce, que lle enfrontaría ao CW Coruña Rías Altas, un encontro que se mantivo igualado e competido ata o descanso (4-3) pero que terminou decantándose en favor dos pontevedreses por 13 a 6.
O gañador finalmente sería o CW Santiago ao vencer na final o RCN Vigo.