Máis dun ano leva sen competir o Club Waterpolo Pontevedra, que optou por non facelo coa reactivación das ligas galegas ata que mellorase máis a situación sanitaria, pero o club pontevedrés non cesou a súa actividade con adestramentos desde o mes de xullo de 2020.
Agora, afectados pola pandemia e a pesar de non contar con demasiadas baixas nas súas filas ao continuar a maioría dos seus xogadores e xogadoras, plantexou como obxectivo recuperar nivel de inscrición para superar de novo a barreira dos 100 deportistas federados entre todas as súas categorías.
Para iso o Waterpolo Pontevedra ofrece a posibilidade a nenos e nenas de probar o seu deporte de maneira gratuíta e sen compromiso durante un mes de adestramento.
Será en concreto durante o mes de maio, nunha oferta dirixida a nenas e nenos de 8 a 13 anos (mozas sen límite de idade) pensando en manter a súa estrutura de club para a próxima tempada. Para participar será necesario poñerse antes en contacto coa entidade a través do correo electrónico [email protected] ou do teléfono 604 002 018.
Os horarios dos adestramentos, suxeitos ás medidas de control obrigatorias por mor da covid, son:
- Categoría benxamín: Luns, martes e xoves – 16:15 a 17:00 h – Piscina Rías do Sur.
- Categoría alevín: Luns, martes e xoves – 17:00 a 17:45 h – Piscina Rías do Sur.
- Categoría infantil: Martes-xoves – 19:15 e 21:15 h / Mércores – 18:15 a 19:45 h – Piscina Rías do Sur.
- Mozas desde os 15 anos: Luns e mércores – 19:45 a 21:45 h / Venres – 18:00 a 20:00 h – Piscina Rías do Sur.