O Club Waterpolo Pontevedra desprázase esta fin de semana a Madid para disputar unha nova xornada da fase de ascenso contra o A.R Concepción Ciudad Lineal co obxectivo de recuperar a senda de vitorias e romper a serie negativa de dúas derrotas nos dous últimos partidos.
O club pontevedrés enfrontarase ao club madrileño, que conta cunha longa traxectoria en competicións nacionais, a partir das 15:30 horas na piscina do CDM Polideportivo Concepción.
As pontevedresas, que están a facer unha gran tempada e son consideradas o equipo revelación, viaxan co obxectivo de todas as semanas: loitar ata o final para conseguir os dous puntos en xogo.
Será un duelo entre rivais directos, o Ciudad Lineal ocupa a sétima praza e o Waterpolo Pontevedra a oitava, ambas con 11 puntos, os mesmos que o CN Vallirana (sexto).
O partido poderá seguirse a través da web da RFEN