Positivo inicia de tempada para o Club Waterpolo Pontevedra na Primeira División Galega, ao impoñerse a domicilio ao CW Pavillón Ourense (10-16).
O resultado con todo esconde as dificultades dos pontevedreses no inicio do choque, no que recibiu tantos con facilidade e errou numerosos ataques véndose por detrás no marcador por 5 goles a 2.
Os de Javi de Sáa reaccionaron no segundo parcial para dar a volta ao partido (5-7). Chegaron mesmo a anotar 8 goles seguidos, pero de novo apareceron as imprecisións para impedir que se producise un marcador máis avultado.
En Ourense o Waterpolo Pontevedra disputou ademais un encontro da Liga Galega Mixta, facendo valer a súa superioridade e maior experiencia (2-15), e un encontro amigable para os equipos femininos de ambos os clubs, que se preparan para o inicio da súa liga.