O Waterpolo Pontevedra "fai a onda" ao Perthes por Lois e Hugo

Pontevedra
17 de xaneiro 2024

Concienciar á sociedade sobre a enfermidade de Legg-Calvé-Perthes é o obxectivo da campaña á que se sumou o Club Waterpolo Pontevedra. No equipo pontevedrés xa estaban sensibilizados con ela porque a padecen dous dos seus deportistas de categoría benxamín

Lois e Hugo, cos seus compañeiros do Club Waterpolo Pontevedra
Lois e Hugo, cos seus compañeiros do Club Waterpolo Pontevedra /

Concienciar á sociedade sobre a enfermidade de Legg-Calvé-Perthes é o obxectivo da campaña á que se sumou o Club Waterpolo Pontevedra.

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Familias con Perthes, que cada ano propoñen diferentes retos e que neste 2024 animan aos clubs de natación e de waterpolo a "facer a onda" a esta enfermidade.

No equipo pontevedrés xa estaban sensibilizados con ela porque a padecen dous dos seus deportistas de categoría benxamín, Hugo Couto Lois e Lois Castro González.

A enfermidade de Legg-Calvé-Perthes é unha necrose avascular na cabeza do fémur causada pola falta de rega sanguínea, con orixe é descoñecido. Afecta aproximadamente a 1,5 de cada 10.000 nenos, sendo por tanto unha enfermidade rara.

Na maioría dos casos, é unha afección temporal que dura entre cinco ou seis anos de media, e en todo o proceso as limitacións van variando, pero a frustración e a rabia que senten no momento no que se lles prohibe facer tantas cousas cotiás, como saltar e correr, fan que a carga psicolóxica que sofren sexa unha das principais dificultades ás que se enfrontan.

A auga é o medio no que poden ter movemento sen presión polo que a maioría se apuntan a clubs de natación e waterpolo.