O Waterpolo Pontevedra apura as súas opcións de concluír en primeiro lugar a liga regular

Pontevedra
07 de marzo 2017

Tras vencer ao Marina de Ferrol, os pontevedreses xogaranse ante o Santiago as súas opcións de lograr o campionato regular coa consecuente vantaxe de campo no paly-off polo título. Necesitan ademais un tropezo do CN Coruña nos dous partidos que lle restan por xogar

Javi de Sáa charla cos seus xogadores nun partido entre Waterpolo Pontevedra e Santiago
Javi de Sáa charla cos seus xogadores nun partido entre Waterpolo Pontevedra e Santiago / Diego Torrado

Con só dous partidos por diante para concluír a tempada regular na Primeira División Galega, o Waterpolo Pontevedra apura as súas opcións de lograr o primeiro posto que lle de vantaxe de campo no play-off polo título.

Tras o seu triunfo ante o Marina de Ferrol (14-6), os de Javi de Sáa necesitan agora vencer a próxima fin de semana ao terceiro clasificado, o CW Santiago, que está un punto por detrás na clasificación aínda que cun partido menos. Ademais os pontevedreses, empatados a puntos co líder Coruña pero co average perdido, necesitan un tropezo dos coruñeses nos choques que lle restan, un deles precisamente ante o propio Santiago.

O Pontevedra chega a esta situación tras cumprir o trámite a pasada xornada ante o Marina Ferrol, nun encontro que non comezou ben polos erros en ataque que fixeron aos visitantes lograr vantaxe no primeiro cuarto (1-2).

A pesar de que melloraron no segundo cuarto para chegar ao descanso por diante (5-4), non foi ata o terceiro parcial cando o Waterpolo Pontevedra distanciouse (10-5) para sentenciar nos últimos minutos.

Agora o cadro pontevedrés prepara xa a 'final' que disputará o vindeiro sábado11 de marzo ás 16:45 horas na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.