O waterpolo nacional pon os seus ollos na canteira pontevedresa

Pontevedra
02 de marzo 2023

O cadete do CW Pontevedra, Mario Paz, é citado pola Real Federación Española de Natación para participar nunha concentración de tecnificación xunto a outras sete novos promesas  

El cadete Mario Paz durante un partido con el CW Pontevedra
El cadete Mario Paz durante un partido con el CW Pontevedra / CW Pontevedra

O cadete do CW Pontevedra, Mario Paz, volve entrar na órbita da Real Federación Española de Natación. Por terceira vez no que vai de tempada, o prometedor waterpolista do cadro pontevedrés foi convocado pola RFEN para participar nunha serie de adestramentos “personalizados” de waterpolo masculino, que terán lugar no CAR de Sant Cugat (Barcelona) do 5 ao 8 de marzo.

Paz volverá participar nestes adestramentos de seguimento xunto a outros sete deportistas de comunidades de fóra de Cataluña.

"É un novo éxito e un premio para Mario", destacan desde o club ao que chegou o pasado curso procedente do Mariña Ferrol. Esta tempada tomou a decisión de mudarse a Pontevedra para poder adestrar e competir con mellores garantías. "Todo o sacrificio está a ter os seus froitos con estas concentracións nacionais", agradecen desde a entidade lerezana.