O voluntariado do ITU Multisport Festival fórmase en primeiros auxilios

Pontevedra
18 de marzo 2019

Os voluntarios e voluntarias que participarán no dispositivo dos campionatos do mundo de tríatlon recibiron un curso de formación por parte da Cruz Vermella

Formación en primeiros auxilios para o voluntariado do ITU Multisport Festival
Formación en primeiros auxilios para o voluntariado do ITU Multisport Festival / Mónica Patxot

Os voluntarios e voluntarias que participarán no dispositivo do ITU Multisport Festival traballa para estar plenamente preparados para a gran cita deportiva do ano na cidade.

A mes e medio para que se disputen os mundiais de tríatlon, son ao redor de 300 os voluntarios inscritos.

A última xornada na que participaron tiña como misión ofrecer formación sobre primeiros auxilios.

A actividade desenvolveuse por grupos e en varias localizacións, sempre en colaboración de especialistas de Cruz Vermella.

Esta semana está tamén previsto realizar unha nova xornada formativa cun recoñecemento turístico de Pontevedra.