O Concello de Vilagarcía de Arousa adxudicou a compra dun novo videomarcador electrónico con pantalla led para o Campo Municipal da Lomba, onde iniciará a tempada o Arosa SC o próximo 8 de setembro, enfrontándose ao Sarriana.
A empresa encargada do subministro e instalación do equipamento será UFA Tecnologías.
Este novo marcador supón un investimento de 21.954,24 euros, financiado a través do Plan Provincial de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.
A Xunta de Goberno local aprobou esta semana o contrato, e espérase que o videomarcador estea xa operativo para o inicio da nova tempada.