O Valencia Basket tamén estará no Torneo EncestaRías

Pontevedra
26 de xullo 2024

O equipo valenciano é o terceiro conxunto da Liga ACB para o torneo de pretempada que se disputará por segundo ano consecutivo no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, os días 13 e 14 de setembro

Final do Torneo EncestaRías de baloncesto entre Benfica e Unicaja
Final do Torneo EncestaRías de baloncesto entre Benfica e Unicaja / Cristina Saiz

A novena edición do Torneo EncestaRías, a segunda consecutiva que se celebrará no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, vai camiño de contar cun cartel de luxo.

Tras confirmar a presenza do dous equipo galegos de Liga ACB, Río Breogán e Leyma Coruña, o torneo desvelou o terceiro equipo da máxima categoría nacional que estará en Pontevedra os días 13 e 14 de setembro. Será o Valencia Basket.

Trátase ademais dun dos proxectos máis ambiciosos do baloncesto nacional. Participante na Euroliga as últimas tempadas e candidato no curso que está por comezar á Eurocup e a facer un bo papel na ACB.

Con Pedro Martínez de novo no seu banco (con el como técnico gañaron a liga en 2017), o Valencia Basket conta no seu plantel con internacionais españois como Jaime Pradilla e Xabi López-Aróstegui, agora mesmo disputando os Xogos Olímpicos, así como con Chris Jones, o serbio Stefan Jovic, os norteamericanos Nate Sestina, Ethan Happ e Matt Costello ou xogadores como Brancou Badio ou Sergio De Larrea.

O Torneo EncestaRías avanza que a próxima semana confirmará o cuarto e último equipo participante da súa próxima edición, así como os seus horarios e información sobre a venda de localidades.