Este sábado tivo lugar a celebración do ascenso a preferente do sénior masculino do Umia CF no campo Municipal da Bouza.
Ao redor das 10:30 horas, todos os equipos que forman o club reuníronse para festexar o fito 30 anos despois do seu paso pola categoría.
O acto, dirixido por Alejandro Pérez, comezou coa entrega de diplomas aos equipos da base, tanto masculinos como femininos, e aos seus respectivos adestradores e adestradoras.
Seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, chegou a correspondente homenaxe aos artífices do ascenso. Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol recoñeceu o labor do equipo masculino de ascender a Preferente e do sénior feminino por manterse en Primeira Nacional un ano máis. Así mesmo, felicitou ao novo presidente do Umia, Paco Torres, por tomar as rendas do club "nesta situación tan dificil".
Á homenaxe asistiron o presidente da Futgal, Rafael Louzán; o alcalde de Ribadumia, David Castro; o ex presidente do Umia, Manuel Abuín ' Piris' o ex secretario do club, Amancio Varela; e o presidente do CD Ribadumia, Antonio Serantes.