O Trofeo Sociedad Gimnástica reuniu a máis de 200 atletas no CGTD

Pontevedra
18 de xuño 2015

Os atletas aproveitaron as boas condicións climatolóxicas para mellorar en moitos casos os seus rexistros

Trofeo Sociedad Gimnástica de atletismo
Trofeo Sociedad Gimnástica de atletismo / Daniel Santomé

Bonita xornada de atletismo a celebrada na tarde-noite do mércores nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

As instalacións pontevedresas acolleron o Trofeo Sociedad Gimnástica coa participación de máis de 200 atletas.

As boas condicións climatolóxicas favoreceron a que moitos deportistas lograsen superar os seus mellores rexistros.

O gañador do trofeo en categoría masculina foi Isaac Vicente, atleta do Marathon madrileño, que mellorou a súa marca persoal da tempada con 67,69 metros, mentres en categoría feminina Laura Chapela (Celta), tamén fixo marca persoal da tempada con 12.62 no hectómetro.

Ademais o club organizador, a Gimnástica, conseguiu 12 vitorias parciais, obra de Antón Martínez (80 metros), Ángel Vargas (400 metros), Marco Martínez (altura), David Ferrer (lonxitude), Pedro Santos (xavelina infantil), o 4x400 masculino, Rocío Rodríguez (800 metros), Lucía Cardesín (1.000 metros), Inés Martínez (100 metros), Clara Gil (pértega), Ángeles Filgueira (xavelina veterana) e o relevo 4x100 feminino.