O trofeo Luis Otero, unha xoia de Sargadelos

Pontevedra
19 de xullo 2019

A presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, y la de la Deputación, Carmela Silva, presentaron este venres a 60ª edición do trofeo Luis Otero, que se disputará o mércores 24 en Pasarón e enfrontará ao conxunto granate e ao Racing de Ferrol

Carmela Silva e Lupe Murillo presentan a 60ª edición do trofeo Luis Otero
Carmela Silva e Lupe Murillo presentan a 60ª edición do trofeo Luis Otero / PontevedraViva

Todo listo para a sesaxésima edición do trofeo Luís Otero que organizan cada ano o Pontevedra en colaboración coa Deputación Provincial. O partido disputarase o vindeiro mércores, día 24, e enfrontará ao conxunto granate e ao Racing de Ferrol, recentemente ascendido a Segunda B. As presidentas do club e da institución provincial presentaron este venres o clásico estival que presenta como novidade un novo deseño de trofeo co característico selo da factoría de Sargadelos, suministrados pola tenda que ten na rúa Oliva de Pontevedra.

Ambas as entidades decidiron o ano pasado darlle unha volta ao deseño dos trofeos. "Decidimos prescindir das clásicas copas", explicou Lupe Murillo, e agora tratan de poñer en valor a cerámica e deseños galegos. O ano pasado, foron os canteiros de Poio os que esculpiron a copa e este ano encargáronllo a Sargadelos porque "en Galicia temos dás mellores cerámicas do mundo", subliñou Carmela Silva.

O partido disputarase o mércores en Pasarón ás 20.30 horas. A entrada será gratuíta para os socios, mentres que o resto de interesados en asistir ao primeiro duelo de pretemporada do equipo que dirixe Luismi terá que pasar por despacho de billetes. 

NOVO PARTIDO DE PREPARACIÓN

O Pontevedra anunciou este venres unha nova data de pretempada. O equipo que dirixe Luismi enfrontarase o 16 de agosto a domicilio ao Vilalonga. Ademais, a disputa do trofeo Centenario entre Mondariz e Pontevedra previsto inicialmente para o 14 de agosto xogarase o día 15 do mesmo mes.