Gran papel o protagonizado polo o Club Tríatlon PC Rías Baixas no Campionato de España de Media Distancia celebrado a pasada fin de semana en Salamanca.
O club pontevedrés acudía á cita cunha ampla representación, ata 16 deportistas, logrando sobre todo en categoria feminina un celebrado resultado.
O Rías Baixas finalizou no terceiro posto da clasificación final por clubs en categoría feminina, grazas en parte polo sétimo posto de Sonia Pariente na carreira elite, cun tempo de 4:53:44, pero tamén ao primeiro posto de Olga Villanueva no grupo de idade 50-54 (5:19:28) e o oitavo de Lorena Casanova no grupo de idade 35-39 (6:09:54) a pesar de acabar de saír dunha lesión.
No que respecta a a categoría masculina, o equipo da Boa Vila finalizou como o 15º mellor de España, cunha mellora de 40 postos en relación ao campionato nacional de media distancia de hai un ano.
Ademais de Agus Ríos e Rubén Ortiz en categoría elite (66º e 76º posto respectivamente), destacaron o quinto posto de Felipe Alvarado no grupo de idade 30-34 (4:23:51), o sexto de Álvaro Argüello en 20-24 (5:17:50) e o noveno de Juan Luís García en 25-29 (4:49:38).
Tamén competiron en terras salmantinas Adrián Aboal, Manu Guerra Abreu, Jon Azumendi, Francisco Amador, Javi Pérez, Ibai Marcos, Emeterio Flox e José Antonio Escribano, aínda que os tres últimos non puideron acabar a carreira.