O triatleta do CGTD Lucas García Picón, na UCI tras sufrir un accidente mentres adestraba

Pontevedra
21 de xaneiro 2024

O triatleta Lucas García Picón, de 17 anos, está ingresado desde a tarde do xoves na UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, despois de chocar contra un coche nunha estrada de Barro mentres adestraba cos seus compañeiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva    

Lucas García Picón, campión do mundo júnior
Lucas García Picón, campión do mundo júnior / FETRI

O triatleta Lucas García Picón, de 17 anos, está ingresado desde a tarde do xoves na UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, despois de chocar contra un coche nunha estrada de Barro mentres adestraba cos seus compañeiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

O deportista, pertencente ao Fluvial de Lugo, adiantouse uns metros con respecto aos seus acompañantes, que xa llo atoparon tirado na estrada. A ambulancia trasladouno directamente ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela onde se mantén estable dentro da gravidade.

Lucas sofre un traumatismo cranioencefálico grave con perda de conciencia, ten varias costelas fracturadas e danou tanto pulmóns como riles.

O mozo proclamouse no mes de setembro campión do mundo de tríatlon no grupo de idade de 15 a 19 anos durante o evento celebrado na Boa Vila e en xullo gañou o bronce na categoría mixta do Campionato de Europa de Mozos.

Ademais, estaba citado o próximo 27 de xaneiro para representar a Galicia no Campionato de España de cros para seleccións autonómicas sub-16 e sub-18 en Xetafe.