O Trail pon a guinda á segunda edición da Pontevedra 4 Picos

Pontevedra
17 de abril 2016

A melloría do clima permitiu un agradable peche da Pontevedra 4 Picos Bike & Trail. Un total de 323 deportistas tomaron a saída na carreira de montaña disputada este domingo

Saída do trail na segunda edición da Pontevedra 4 Picos
Saída do trail na segunda edición da Pontevedra 4 Picos / Diego Torrado

Despois da tormenta do sábado, durante a proba de BTT, chegou a calma climatolóxicamente falando cunha agradable xornada deportiva que puxo fin este domingo á segunda edición da Pontevedra 4 Picos Bike & Trail.

Un total de 323 deportistas participaron na carreira de montaña, con opción de completar 17 ou 33 quilómetros.

A pesar dun pequeno problema coa sinalización nun punto do percorrido, a proba completouse sen sobresaltos.