O TM Monte Porreiro triunfa no campionato internacional de verán

Pontevedra
16 de setembro 2019

Os xogadores de categoría absoluta do conxunto pontevedrés coparon as finais do Open A, nun campionato de dúas xornadas que bateu récords de participación

Torneo Internacional de Verano de Tenis de Mesa 2019
Torneo Internacional de Verano de Tenis de Mesa 2019 / Diego Torrado

O pavillón Príncipe Felipe converteuse esta fin de semana en centro neurálxico do tenis de mesa a nivel autonómico coa celebración da vixésimo primeira edición do Torneo Internacional de verán que organiza cada ano o club TM Monte Porreiro. Este ano o evento bateu récords de participación con máis de 300 xogadores e os triunfadores, en diversas categorías, foron os xogadores do conxunto pontevedrés.

Os tenistas locais Noa Bernárdez, Mar Rivas, Pedro Fernández ou Nacho Fernández clasificáronse para as finais en categoría absoluta dos Open A masculino e feminino.

O equipo do barrio pontevedrés, ao finalizar o evento, mostrouse moi satisfeito co resultado do campionato. Non só polas vitorias, tamén polo nivel exhibido polos xogadores en todas as categorías.