O TM Monte Porreiro cae ante o Híspalis e suma a súa primeira derrota desta tempada (4-0)

Pontevedra
13 de outubro 2019

O Visit Pontevedra desprazouse esta fin de semana a Sevilla para disputar o terceiro encontro de Superdivisión masculina de tenis de mesa co que buscaba continuar coa boa serie cultivada ata este momento con dúas vitorias nos dous últimos partidos xogados

Horacio Cifuentes, no partido entre o Visit Pontevedra e o Hispalis (archivo)
Horacio Cifuentes, no partido entre o Visit Pontevedra e o Hispalis (archivo) / Diego Torrado

O Visit Pontevedra desprazouse esta fin de semana a Sevilla para disputar o terceiro encontro de Superdivisión masculina de tenis de mesa co que buscaba continuar coa boa serie cultivada ata este momento con dúas vitorias nos dous últimos partidos xogados. 

O encontro estivo dominado polo conxunto andaluz en todos e cada un dos cruces. Guillermo Martínez foi o primeiro en tomar parte e enfrontarse a Andrei Baiduldin, que levou o partido sen ceder ningún set ao xogador de Pontevedra.

A continuación chegou a quenda de Betancour que, igual que Martínez, cedeu os tres sets ao seu rival, Francisco Ruiz. Con este novo punto, o Híspalis tomaba unha vantaxe de dous puntos no marcador global sobre os visitantes.

Galvano era o seguinte. Despois de perder o primeiro set ante Gustavo Gómez, o de Monte Porreiro púxollo un pouco máis complicado ao seu rival pero, despois de igualarlle o partido, cedeu os dous restantes e os locais aumentaron a renda (3-0).

Co encontro xa perdido, de novo chegou a quenda de Guillermo Martínez que se impuxo no primeiro set. Enfrontouse a Francisco Ruiz que enseguida remontou e levou os tres últimos xogos para poñer o 4-0 no marcador final.

Esta é a primeira derrota do Tenis de Mesa Monte Porreiro nesta tempada. A próxima xornada recibirá no Pavillón do Príncipe Felipe ao Caixa Sur de Córdoba.

Consulta a acta do partido entre o Híspalis-Visit Pontevedra na seguinte ligazón.