A reestruturación orzamentaria para a tempada 2020/2021 é un feito para a Sociedade Deportiva Teucro, o que supoñerá grandes cambios dentro do club ao ver reducidos os seus ingresos.
O primeiro equipo manterase un ano máis nunha División Honra Prata que aínda non se sabe como quedará formada e para a que o club está a estudar realizar diversos cambios dentro do persoal ao ter que axustala ao orzamento.
Outra das opcións que se está "valorando" é a saída ou non do equipo de Primeira Nacional. Así o explicou o directivo José Ameijeiras, que non sabe que pasará a tempada que vén polo que "hay que esperar para tomar una decisión".
No caso de que esta resolución leve a cabo, probablemente supoña que varios xogadores que antes alternaban entre o equipo de División Honra Prata e o de Primeira Nacional a tempada que vén continúen no primeiro equipo.