A Sociedad Deportiva Teucro segue en modo invencible esta tempada, cun pleno de vitorias que lle permiten afianzar o seu liderado, a última ante o Tejina no Príncipe Felipe.
O equipo adestrado por Irene Vilaboa foi claro dominador desde o principio, obrigando ao técnico visitante a parar o tempo aos 14 minutos de xogo, cando o marcador mostraba un 8-3.
Con todo, o Teucro estaba a ser completamente superior en todas as facetas de xogo e chegaba a colocarse cunha diferenza de 9 goles que se ampliou a 10 ao descanso (19-10).
Despois do paso polos vestiarios o dominio teucrista continuou da man de Daniel Vicente e Caue Herrera, que tiñan unha luva e enviaban á rede practicamente todos os lanzamentos dos que dispoñían.
Desta forma, o equipo de Lérez neutralizou cada chegada rival para facer aínda máis dano e asinar o triunfo cun contundente 34-20.