O Teucro roza a remontada ante o Gáldar (32-30)

Pontevedra
01 de abril 2023

A Sociedad Deportiva Teucro quedou a un paso da remontada ante o Gáldar tras ir a remolque durante todo o encontro. O conxunto de Lérez estivo a piques de igualalo tras ir en varias ocasións con cinco goles de desvantaxe para realizar unha recta final de infarto na que viu opcións de puntuar (32-30)  

Partido entre Teucro e Gáldar no Pavillón Universitario de Pontevedra
Partido entre Teucro e Gáldar no Pavillón Universitario de Pontevedra /

A Sociedad Deportiva Teucro quedou a un paso da remontada ante o Gáldar tras ir a remolque durante todo o encontro. O conxunto de Lérez estivo a piques de igualalo tras ir en varias ocasións con cinco goles de desvantaxe para realizar unha recta final de infarto na que viu opcións de puntuar (32-30).

Cun parcial en contra de 5-1 comezou o partido para o Teucro, negado en ataque e superado polo seu rival en todas as facetas de xogo.

A aparición de Miguel Sío e Caue Herrera permitiu aos azuis reducir distancias aínda que sempre indo a remolque, desaproveitando dúas opcións de igualar a contenda e que o Gáldar aproveitaba para recuperar a renda decatro tantos alcanzado o cuarto de hora de xogo (8-4).

Parou o tempo Irene Vilaboa, os seus xogadores colocáronse a dous goles do empate, produciuse un intercambio de golpes, pero no últimos dez minutos o Teucro volveu apagar (11-9).

Esta vez foi o técnico local o que pediu tempo morto e, nun visto e non visto, endosaron outro 5-1 co que arroiaron por completo aos pontevedreses (16-10).Dzokic, Caue e Blond reduciron diferenzas (16-12), pero dous goles de Jorge Hernández antes do descanso volveron poñer terra polo medio (18-13).

Despois do paso polos vestiarios, o Teucro tentou por todos os medios voltear o electrónico Álex Castellano (10 goles) e Alberto Delgado (9 goles), eran un pesadelo para a zaga pontevedresa e, cando parecía que ía chegar a remontada, pisaban o acelerador para recuperar a renda de cinco tantos (23-18).

Pero non baixou os brazos o equipo de Irene Vilaboa, con Xurxo Rivas (9 goles) botándose o equipo ás costas e poñendo contra as cordas ao Gáldar a falta de pouco máis de dous minutos para a conclusión (30-29).

Cofiaba esta vez o Teucro nunha remontada e o técnico local víase obrigado a pedir tempo morto despois de ter o triunfo practicamente no peto desde o asubío inicial.

Prometía unha recta final de infarto e os nervios primaban no ambiente. Martín González foise dous minutos ao banco, Delgado non perdoou, Saulo López foi excluído e Caue, a falta de 45 segundos, anotou o 31-30.

Era o momento de atacar dos de Cangas, adiantou a defensa o Teucro en busca dun roubo rápido, pero o conxunto local controlou a posesión e, case sobre a bucina, Alejandro Castellano anotou o 32-30 co que se alcanzou o final do encontro.

Consulta as estatísticas nesta ligazón