"Queremos que se note que el equipo vuelve a la Liga Asobal". Así de explícito mostrouse Quique Domínguez pedindo o apoio da afección para o debut do Condes de Albarei Teucro na casa esta tempada, na que regresa á máxima categoría.
Os azuis reciben este sábado (20:30 horas, Pavillón Municipal dos Deportes) ao Balonmano Guadalajara coa intención de facer máis bo aínda o empate da primeira xornada en Zamora.
"Si en la segunda jornada encadenamos otro buen resultado será positivo para la moral del grupo",, recoñece o técnico pontevedrés, aínda que fronte a eles estará un "bue equipo" que ademais se reforzou "con jugadores de calidad" como o ex-teucrista Víctor Vigo.
O Guadalajara chega ao Municipal tras un mal debut ante Anaitasuna, no que "no le salió nada. Es un partido que no sirve de mucha referencia",, asegurou Quique Domínguez.
Para vencer será necesario "agarrarnos a nuestro estilo, defender fuerte y correr", tentando minimizar erros, defende tamén o lateral Dani Hernández.
A única ausencia nos locais será a do lesionado Johnny Medina, que avanza a bo ritmo na recuperación da súa grave lesión de xeonllo pero que non volverá ao equipo, previsiblemente, ata finais do mes de outubro.
Os colexiados do encontro serán os castelán-leoneses Merino Mori e Moyano Prieto.