O Teucro presentou durante a mañá deste venres os equipamentos para esta tempada. O acordo asinado con 'adler', liga ao club coa marca durante as próximas dúas tempadas.
Trátase da primeira vez que toda a parte deportiva do club vai vestir coa camiseta igual que a do primeiro equipo. Con esta nova iniciativa, que coincide co 75 aniversario do club que se celebrará en maio do próximo ano, búscase que "toda a cidade estea involucrada co equipo", destacou o presidente Carlos García-Alén.
A cor dos equipamentos son, por unha banda, a primeira de cor azul, que viste o xogador Vicente Poveda. A segunda, que a leva Samuel Pereiro, é branca e gris e conta cun anagrama granate no lateral simbolizando a cor do 75 aniversario.
Así mesmo, todas as camisetas levan o escudo do equipo e o do aniversario do club, ademais da figura do teucro.